Xa falta pouco, e paréceme que non poderei escreber aquí tan a miúdo como me gustaría; pero sabede que tratarei de facelo con tanta asiduidade como poida.
Teremos conexión a Internet nos apartamentos nos que durmimos e tamén a posibilidade de chamar por teléfono dende alí.
Así que mantédeme ao día do que estea pasando pola terriña.
Hoxe toca planear que levar na mochila... A meirande parte da roupa quedará alí á volta, así que alá van as bragas de combate e as camisetas de propaganda que fun recollendo.
O das bragas de combate é un concepto curioso: hai un modelo xa recoñecido como "bragas del cooperante": penera e cintura ate debaixo das tetas. Un horror, en definitiva. Pero moi útiles, parece ser, para que os bichitos non fagan acampada onde non deben.
En todo caso, co antieróticas que son, son certamente disuasorias.
Esta tarde tratarei de poñerme en contacto cunha ONG que opera alí en Katmandú, e que foi fundada por unha rapaza barcelonesa. En catalá podémonos entender.
Direivos que o ratio de ONG's alí no Nepal é de unha para cada 1000 habitantes. Se a poboación é duns 25 millóns, podedes imaxinar que alí proliferan as boas intencións...ainda que os indicadores non son moi optimistas en que as súas actuacións conseguiran mellorar sustancialmente as condicións de vida dos posibles beneficiarios: as tasas de analfabetismo, sobre todo feminino, seguen sendo aínda moi altas.
Pero isto é outra historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario