Estou agotada...e teño pintura ate nas bragas. Hoxe estiven brocha en man pintando no muro do orfanato.
E xa son toda unha experta en poñer cueiros de trapo. Non vos vaiades a pensar...que a cousa é complicada.
A relación coas mothers coidadoras vai mellorando...ao primeiro custounos un pouco a relación, porque non falan inglés.
Xa sei como se escrebe o meu nome en nepalí; un dos estudantes da Facultade de Belas Artes de Katmandú, que nos axudan, escrebeu o meu nome.
E sí, Sesé e Vir, os vosos coches aquí, son de luxe. Bueno, o Polo...ao millor está na liña. Ainda que o terías que tunear con guirnaldas ou fotos de tías en bolas, para seren totalmente auténtica.
Se alguén quere un souvenir, que se apure a pedirmo, que ando escasa de ideas.
Bicos a todos e todas.
PSD. Sei que non me ides crer, pero nunha sala dun cole daquí, atopamos unha foto...de...teño que dicir que como exemplo de sorriso, para os alumnos de Audición e Linguaxe...de JM Aznar.
Quedamos de pedra...
viernes, 26 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Aaaaansaaaaaaaarrrr, ata onde chegaches!!! Seguro que foi nunha visita da Botella ós nenos do Nepal, desas para saír nas revistas... ;)
Ben, hoxe si que é hoxe, pero aínda non fomos á FNAC, porque son as sete menos vinte e a proxección é ás sete e media. Hoxe rematamos o ciclo con dúas curtas de Carmen, a ver que tal. O curioso é que, como non ten a ninguén da xente coa que fixo as curtas, lévame a min para falar, que só axudei nun plano... E para non variar, aínda non sei nada de Carmen, e non me colle o teléfono, ¿lembrará que ten que ir á FNAC? ;)
Xa che contarei como foi, bicos e apertas!
jajajja!! que fuerte aznar hasta nepal!!! pues yo me olvide de ir a la fnac... se me olvido la fecha.. lo sientoooooooo!! hay mucho lio por aqui..
muy bien eso de practicar con los pañales, para fomentar mas tu instinto maternal...
ayyyy que envidia me das...sana ehh!!
bueno niña a seguir contandonos tus nuevas expresiones..y pon fotossss...
seguramente estare algunos dias desaparecida, empieza la mudanza al nuevo local, todo por que la conselleira quiere que se celebre el dia de salud mental... ala, a hacer todo en dos semanas.. yuhuuu
ala, bicazos moza caroza!!!!!
Publicar un comentario