lunes, 15 de septiembre de 2008
Preparación da viaxe
Hoxe empeza o estrés...ate o de agora estaba bastante tranquila, pero xa se empeza a notar que dentro de xusto unha semana...¡estarei en Katmandú!
Ate o de agora, e por se algún de vós se decide a iren: vacinas e arranxar o pasaporte. Os do consulado de Nepal en Madrid, son uns simpáticos de medo (www.consuladodenepal.com) . A cousa redúcese a descargar un formulario en Internete que lles deixe ben claro a que vas ao país. Teslles que mandar unha fotiño na que esteas ben guapo ou guapa, e se non lembro mal, 45 eurazos nun sobre. Ademáis do pasaporte en vigor, claro. Bueno, claro o tiven eu cando se me ocorreu mirar e me din conta de que levaba un ano caducado...(outros 17'20 eurillos).
Logo veu o de contactar cunha mensaxería: foi MRW, por certo. Outro desembolso para levaren alí a documentación, e traela debidamente cuñada. En rigor, cunha pegatina posta que me aforra facer unha cola eterna na aduana, ainda que teño entendido que facendoo alí é algo máis barato.
Teño a sorte de non ter que me ocupar do aloxamento, porque diso se encargou o director do proxecto.
Do que farei no proxecto, xa vos irei dicindo máis cousiñas. Polo de pronto, teño idea de colgaren algunhas das fotiños que se levan feito nas edicións deste ano, na India e en Ecuador. Ali se desenvolve tamén a idea de "Sonrrisas de colores". Concretamente o nome da actividade na que eu participarei é "Color en Bal Mandir".
Chego co monzón. Así que chuvasqueiro e botas, obrigadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¿E se escribes en galego por que o título do blog está en castelán?
pois porque vai ser bilingüe, home! en la variedad está el gusto!
Publicar un comentario