Aproveito este ratiño antes de iren para a cama, para contarvos algunhas cousechas. Por exemplo que xa levo probados varios modelos de tica: os primeiros foron adhesivos, e regalo das miñas compañeiras de equipo. Logo veu o pintado de laranxa, a pasada semana, que me puxeron uns bramáns de pacotilla pola rúa.
Logo veu o de esta mañán, que me puxo unha das coidadoras do orfanato. Coma a de tódolos nenos e nenas. O máis típico destas festas é que sexa un engrudo feito con algo, sobre todo arroz, tinguido de vermello. E é vermello porque é a cor do sangue. A festa do Dasain, que é a que estamos a vivir agora, é unha festa do sacrificio, que celebra a victoria dun Deus sobre outro, de xeito violento. Diso que se sacrifiquen 108 cabras (o número da divinidade). Logo de que a irmán maior (Didi: eu son MaríaDidi) che unta ese engrudo na frente, tes que aceptar comer un trociño de froita que se che ofrece.
Outra cousa que vos quero contar é que aquí existen unhas bolboretas marabillosas, e xigantescas. De cores fantásticas.
Ah! E xa vos dixen que tamén é tradicional faceren un columpio para os nenos. No orfanato fixerono cuns bambúes enormes.
Fumos hoxe a xantar coa Cheer Person, ou algo así, que ven sendo a xefa suprema da rede de orfanatos de Nepal. O caso foi que nos convidou a un hotel de luxo. Sentinme incómoda. Non parecía ter moito sentido estar alí coa camiseta chea de babas e pintura. Iso sí: tiña o cuarto de baño máis aceptable dos que vin dende que estou aquí.
Teño ganas moitas de amosarvos as fotiños dos nenos do orfanato. E do lugar. Parece que fose un reducto aparte do mundo. Réxese polas súas propias normas, á marxe do que acontece fóra: alí, algunhas cousas que vivimos, parecen incribles e pintorescas.
Mañán toca excursión a Patán.
E agora toca durmir.
viernes, 3 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Por dios, hazme algunas fotos de esas mariposas que soy adicta! y ya sabes, atiende bien a todo que después vamos a querer pelitos y señales. Estoy de acuerdo con tus amigos, no tentemos a la suerte y aún menos en Nepal. Ayer tus padres pudieron ver una foto tuya...¡¡¡Chan-chan, emoción!!!
Secundo o das fotos das bolboretas e reitero o meu asombro de que realmente estés a actualizar con frecuencia o blog. Non só pola túa constancia, senón porque... ¡estás no Nepal! Manda carallo coa tecnoloxía... ;)
Publicar un comentario