O transporte público é directamente unha loucura: o máis habitual é desplazarse en Taxi. Son os reis do mambo. Ademáis xa confesei aquí que unha das marabillosas experiencias desta viaxe é ir no asiento de adiante, chupando contaminación e vendo perigar a túa vida a cada segundo. Non pretendo ser literario-dramática: é rigurosamente certo. Ainda que tamén é verdade que non vin un só accidente dende que estou aquí. Nen tan sequera un mal xesto entre conductores.
Cos peóns, claro, a cousa é distinta.
Coexisten todos no mesmo plano espacial: coches, peatóns, bicis, motos, buses, cadeiras de rodas,...(o dire do proxecto úsaa de cando en cando, e por iso sei que tamén podo incluir este último vehículo-moi exótico por estes lares-na lista). Tamén hai pola rúa furgonetas que levan aos soldados: o exército está por todas partes, especialmente ao redor dos santuarios ou en zonas de comercio. E nas gasolineiras, porque existe racionamento de combustible, e a xente vólvese tarumba con estas cousas.
Logo están os buses: non quero marchar deste sitio sen ter a experiencia de tratar de subir nun. Non parece tarefa doada, porque están como en lata de sardiñas, a miúdo tes que subir en marcha, e tes que ter a habilidade de pagarlle ao tipiño que está na porta co corpo de fóra, mentras te agarras e ubicas un sitio no que situarte para non estorbar. Básicamente, ese é o obxectivo.
Hai tamén uns transportíns, que digo eu así, pero que poderiamos traducir por buses urbanos (os anteriores son trolebuses, e van con electricidade), que teñen 3 rodas. Iso xa é demasiado desafío.
Incluso para Batman.
1 comentario:
Así que vas a intentalo, eh? Non liches o que che dixo Oriol Cintas? Que teñas coidado! Lembra que se che romperon as pulseiras! Ai, calamidade...
E Batman pode con todo...
Publicar un comentario